Inicio Carballo ao día Hemeroteca Nova sesión de Teatro Escolar para alumnado dos...

CONTINÚA A VENDA DE BONOS E ENTRADAS PARA PRIMAVERA ENDANZA

Nova sesión de Teatro Escolar para alumnado dos institutos coa compañía Inversa Teatro e "Té con Kant"

Venres 10 de abril do 2015

Por último, continúa a venda de bonos e a reserva de entradas para a XIII edición de Primavera enDanza 2015 que terá lugar entre o 17 e o 30 de abril no Pazo da Cultura. Recolle cinco espectáculos de danza de catro compañías galegas e unha catalana. Cinco espectáculos moi diferentes que abarcan diversos espectadores como nenos e nenas, mozos e adultos, e ofrecen propostas moi distintas, desde a danza urbana máis próxima aos máis novos, ás coreografías que se achegan á perfomance, que xogan coa imaxe cinematográfica, que empregan a danza como instrumento de xogo ou que empregan a danza para transportarnos a outros mundos. En todos o movemento e imaxinarios creativos propios invítanos a construír (e deconstruír) imaxes, atmosferas envolventes, lugares oníricos nunha viaxe única. Interesados e interesadas poden consultar o programa completo de citas en pdf máis abaixo nesta mesma nova.

Compartir: