Inicio Carballo ao día Hemeroteca As accións da Oficina de Promoción...

A OPE TUTELOU UN TOTAL DE 54 PROXECTOS

As accións da Oficina de Promoción Económica beneficiaron nun só ano a máis de 500 emprendedores e empresarios

Luns 13 de abril do 2015

Estes talleres abordaron os seguintes temas: O Valor no espazo natural costeiro Razo-Baldaio, Cómo facer un bo café, A dieta atlántica, Taller de coctelería, Aproveitamento das Tics e márketing en empresas turísticas, A importancia e a potencialidade do surf como actividade sostible e xeradora de turismo, Como deseñar un Plan de Negocio para unha empresa turística sostible, Oportunidades de negocio en Turismo sostible en Razo-Baldaio, Conceptualización de Turismo Mariñeiro e mesa redonda con profesionais do mar, Como deseñar unha actividade de Turismo Mariñeiro e Experiencia piloto de ruta do marisqueo en Baldaio, Como interpretar recursos mariñeiros e Como ser unha boa guía de turismo mariñeiro.

#QuedamosenCarballo

O ano 2014 foi especialmente activo en canto a actividade de divulgación promovidas dende a OPE. Dentro do proxecto #QuedamosenCarballo, enfocado á promoción do municipio como punto de encontro e á difusión da ampla oferta comercial e hostaleira, leváronse a cabo propostas tan novidosas coma o Concurso de terrazas e escaparates, Contos de Taberna, Check-in Carballo ou Busca do tesouro, nas que participaron un total de 80 empresas.

A Concellería de Promoción Económica, ademais, colaborou activamente coas asociacións e o empresariado local en actividades coma Compra e Tapea, que se desenvolveu no barrio da Milagrosa; Expovoda, Feira das Oportunidades, Carballo por Etapas ou Primavera de Cine, ademais de promover iniciativas coma Dálle un bocado ao FIOT para promocionar a hostalería local coincidindo co festival de teatro ou o festival Carballo Interplay, que está a converter o noso concello nun referente internacional da industria audiovisual vinculada a Internet.

Compartir: