Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrinca a Primavera enDanza no Pazo da Cultura co...

ACTIVIDADES PARALELAS: PRESENTACIÓNS NOS CENTROS DE ENSINO

Arrinca a Primavera enDanza no Pazo da Cultura co hip hop de "As Dríadas" e a fermosa proposta familiar de Entremáns

Xoves 16 de abril do 2015

As bailarinas e creadoras cubanas Ana Beatriz Pérez e Kirenia Celia Martínez baixo unha dirección artística colectiva, regresan coa compañía Entremans ao escenario carballés, esta vez presentando un espectáculo infantil cunha linguaxe poética e corporal fascinante. A cita está prevista para as 18.00 horas no Pazo da Cultura e conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia. Ademais, durante a fin de semana está previsto celebrar as seguintes actividades complementarias. Así, o espectáculo "A Orixe", de As Dríadas, será presentado nos institutos de Carballo nos seguintes horarios: 10.40 horas no IES Monte Neme; 11.30 no IES Parga Pondal; e 12.20 horas no IES Alfredo Brañas. Ademais, haberá o encontro do público "Como se crea un espectáculo de danza?", coa compañía As Dríadas ao finalizar o espectáculo no salón de actos (2º andar), tamén o venres 17 de abril. Os interesados e interesadas en adquirir as entradas e bonos, poden facelo no despacho de Billetes do Pazo da Cultura, unha hora e media antes do inicio de cada actuación. A reserva de entradas pode facerse no teléfono 981 704 300 ou na Concellaría de Cultura, no primeiro andar do Pazo da Cultura, de 10.00 a 14.00 horas. O prezo dos bonos é o seguinte: prezo ordinario, 13 €; prezo reducido, 10 €. O prezo das entradas: As Dríadas, prezo ordinario 3 € / prezo reducido, 2 €; Entremans, prezo ordinario 4 € / prezo reducido: 3 €.

Neste vídeo en Youtube tendes un fragmento de "A Orixe", coa bailarina carballesa Alba Fernández, o espectáculo co que As Dríadas inauguran o programa no Pazo da Cultura .

Compartir: