Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo e a Fundación Humana renovan o...

HABERÁ UNHA EXPOSICIÓN NO MERCADO E MONICREQUES NOS COLEXIOS

Carballo e a Fundación Humana renovan o seu compromiso a prol da reciclaxe de roupa e principian unha campaña informativa

Xoves 23 de abril do 2015

Respecto da exposición, terá lugar a partir do xoves 30 de abril e até o día 17 de maio. No Mercado Municipal haberá unha mostra na que se explicará o ciclo da roupa que os carballeses e carballesas depositan nos colectores a pé de rúa. Respecto dos obradoiros, serán impartidos entre alumnado de 2º de Primaria durante as seguintes xornadas:

  • 21 de abril, CEIP Bergantiños, dous obradoiros ás 9:30 e ás 11.30 horas
  • 23 de abril, CEIP Gándara-Sofán ás 12:00 horas
  • 24 de abril, CEIP Xesús San Luís Romero ás 9.30 horas
  • 24 de abril, CEIP de Nétoma-Razo ás 12:30 horas
  • 27 de abril, CEIP A Cristina ás 9.15 horas
  • 27 de abril, Colexio Artai ás 12:00 horas
  • 30 de abril, CEIP Fogar ás 9.30, 11:30 e 13:30 horas

As prendas depositadas nos colectores de Humana en España teñen dous destinos: unha parte envíase ás plantas de clasificación que Humana ten en L'Ametlla del Vallès (Barcelona), Leganés (Madrid) e Valderrubio (Granada) e o resto véndese a empresas de reciclaxe. As prendas que son enviadas a algunha das tres plantas distribúense do seguinte xeito:
  • Un 13 por cento da roupa clasificada destínase ás 32 tendas de segunda man que Humana ten en España.
  • Un 50 por cento das prendas clasificadas envíase a África para a súa venda a presos baixos a comerciantes locais co fin de satisfacer a demandas destes países, impulsar a actividade económica local e xerar recursos para o desenvolvemento.
  • Ao redor dun 30 por cento atópase nun estado que non permite a súa reutilización polo que se vende a empresas de reciclaxe téxtil.
  • O 7 por cento restante destínase aos centros de tratamento de residuos porque está composta por pezas que non se poden reutilizar nin reciclar debido ao seu estado.

Desde Carballo Limpo agradécese de antemán a colaboración da cidadanía chamando ao 981 75 49 17, no web <www.carballolimpo.com> ou en Twitter @CarballoLimpo.

Compartir: