Inicio Carballo ao día Hemeroteca Apicultura, fotografía, saídas ao...

ENTRE O 23 DE ABRIL E O 20 DE XUÑO

Apicultura, fotografía, saídas ao medio natural ou obradoiros: nas Semanas de Natureza e Paisaxe de Senda Nova

Venres 17 de abril do 2015

Xa a seguinte actividade é un Obradoiro de Bioconstrución: "Coas túas mans", o sábado 25 de abril. Contará coa presenza de Roberto Rivas e Elena Sanmamed e está dirixido a 20 nenos e nenas de 8 anos en diante. Neste caso, é necesaria a inscrición previa polo límite de prazas. No taller, os cativos e cativas descubrirán que poden construír a súa propia casa con materiais sacados da terra, como barro e palla. A cita será a partir das 10.30 horas no Rodo, en Oza. O sábado 2 de maio, o programa viaxa ao Local Social da Brea, tamén ás 10.30 horas. Neste caso cunha charla de Apicultura para novatos e dirixida para todos os públicos. Estará impartida pola Asociación Galega de Apicultura. Xa o mércores 14 de maio, é a quenda dunha Saída Ornitolóxica para alumnado do CEIP de Bormoio-Agualada ao espazo natural de Baldaio. Xa en xuño, os días 13 e 14, será o taller de Iniciación á fotografía paisaxística con Patricia Mosquera. O primeiro día haberá unha sesión teórica e o domingo 14 será o momento de poñer en práctica os coñecementos adquiridos. E por último, as actividades rematan xa á beira do San Xoán, o 20 de xuño, cun Obradoiro de observación e convivencia para nenos e nenas de máis de 6 anos. Realizaranse xogos na natureza, dinámicas de noite, cea á beira do candil e haberá unha pernocta ao aire libre. Neste caso, as prazas tamén son limitadas. Máis abaixo, pode descargarse o programa completo de actividades nesta mesma nova.

Compartir: