Inicio Carballo ao día Hemeroteca "Fracasados por el mundo", mellor...

"FUTURE DUCK", PREMIO Á MELLOR WEBSERIE INTERNACIONAL

"Fracasados por el mundo", mellor webserie no Carballo Interplay e "Clases de lo social", premio do público do festival

Luns 20 de abril do 2015

Houbo mencións especiais para "Pinkoo" no apartado de animación, e para "La caída de Apolo" no apartado de webserie de imaxe real, cuxa intérprete Carla Pueyo tamén levou o premio á mellor actriz; e Oriol Vila foi o mellor actor por "Nico&Sunset". Brillante palmarés dun festival no que, ao recoller os seus premios, a maioría dos creadores explicaron que fan as súas webseries simplemente porque teñen historias que queren ser contadas e Internet é a mellor forma de que cheguen ao seu público. Pero tamén, como expresaba Gonzalo Gurrea, director de "Fracasados por el mundo", houbo unha defensa dos contidos dixitais, porque "por ser contidos para Internet parece que son de segunda categoría, pero eu creo que non é así", máis ben ao contrario "hai a mesma calidade ou mesmo ás veces máis que o que está noutras plataformas".

Atrás queda xa o intenso traballo dunha organización volcada que conseguiu aumentar a asistencia de público respecto do ano pasado en moitas das citas e que converteu a Carballo no punto neurálxico dos contidos dixitais durante tres longas e produtivas xornadas. Os interesados e interesadas poden conseguir toda a información do festival no seu web,<www.carballointerplay.com>. Ademais, aquí vos deixamos un vídeo en Youtube no que tentamos resumir a gala de peche, de arredor de hora e media de duración, en pouco máis de 20 minutos. Tamén tendes algunhas das imaxes da gala no Facebook do Concello, aquí.

Compartir: