Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde para as bases do Concurso...

EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A REURBANIZAZIÓN DO CHORÍS

Luz verde para as bases do Concurso fotopoético "Carballo mirando ao mar" para incentivar a promoción de Razo-Baldaio

Luns 20 de abril do 2015

No apartado de contratación, a sesión supuxo a aprobación do expediente do contrato administrativo de obras de "Reurbanización na contorna do complexo Vila de Noia, CEIP Fogar e IES Alfredo Brañas, incluída no Plan de Aforro e Investimento (PAI) da Deputación Provincial da Coruña". O orzamento total ascende a 466.605,34 euros (IVE incluído) e os criterios de adxudicación serán o programa de traballo (17 puntos), o programa de actuación medioambiental (8 p.), o plan de control de calidade (13 p.) ou o esquema do plan de seguridade e saúde (12 p.), así como a oferta económica cun máximo de 40 puntos. A actuación consistirá no reacondicionamento das beirarrúas e na actualización dos servizos. Regularanse os aparcadoiros, coa súa redistribución, xa que pasarán a estar en batería; e co seu acondicionamento, xa que realizaranse con céspede portante. Crearanse novas áreas de estacionamento no solar municipal onde se sitúan os depósitos de auga; e, despois do acordo cos propietarios, con outra nova área de aparcadoiros na rúa Vila de Coristanco, preto do CEIP Fogar. Habilitarase unha glorieta para regular a circulación na confluencia das rúas Avenida de Bergantiños e Vila de Corcubión. Plantaranse un total de 34 árbores e crearase unha pista perimetral de 1,5 metros de ancho arredor de toda a mazá para a práctica deportiva cun firme especialmente deseñado para correr e camiñar. Así mesmo, recibiu luz verde na Xunta de Goberno o expediente de contratación para unha nova "Rede de saneamento en Outeiro, parroquia de Rus", con un orzamento de licitación de 107.150,16 euros.

Subvencións para ANPAs e centros de ensino

As sesión supuxo, ademais, a adxudicación do contrato administrativo especial de "Concesión demanial da utilización privativa de bens e uso público municipal no casco urbano para a colocación de postos durante as festas patronais de San Xoán 2015-2016" á sociedade Pombo Eventos Atracciones y Ferias SL. O adxudicatario deberá abonar un canon ao Concello de 24.070 euros (sen IVE) por ano. A concesión poderá prorrogarse por un prazo de dous anos máis, previo acordo das partes. Tamén se adxudicou o contrato administrativo de servizos de "Asesoría psicolóxica do Centro de Información á Muller de Carballo" por un importe de 27.588 euros por un período de dous anos. No que se refire a subvencións, a Xunta de Goberno supuxo a aprobación das bases da convocatoria de subvencións para a realización de Cabalgatas de Reis en 2015, que poderán ser dun máximo de 500 euros por entidade que as solicite. Tamén recibiron o visto e prace as convocatorias de subvencións para as Asociacións de Nais e Pais de alumnos das escolas, colexios e institutos de Carballo para a realización do programa de actividades educativas durante o ano 2015, así como as subvencións para as escolas ou colexios de primeiro ciclo de Educación Primaria e/ou Institutos de Educación Secundaria para a realización de viaxes escolares durante o ano 2015. Por último, a sesión supuxo a aprobación de dúas licenzas de obra, un vao permanente e unha licenza de primeira ocupación e apertura.

Compartir: