Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo, sede do Campionato Estatal Xuvenil de...

ENTRE O VENRES 24 E O DOMINGO 26 DE ABRIL NO PAVILLÓN VILA DE NOIA

Carballo, sede do Campionato Estatal Xuvenil de balonmán no que o Xiria pelexará por estar entre os mellores de España

Mércores 22 de abril do 2015

Respecto dos horarios dos enfrontamentos, que terán lugar no Pavillón Vila de Noia, comezan o venres 24 ás 18.00 horas co partido entre o RGC Covadonga e o KWS Balopal, co debut dos anfitrións ás 20.00 horas contra o Basauri. O sábado o RGC Covadonga enfróntanse ás 16.00 horas e o Xiria e o Balopal ás 20.00 horas. Hai unha interrupción, xa que ás 18.00 horas o Xiria sénior pelexa na Liga Nacional contra un rival directo para conseguir o quinto posto. O campionato péchase o domingo co partido entre o Basauri e o Balopal ás 10.45 horas e o peche co Laber Xiria contra o Covadonga ás 12.45 horas. O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo transmitirlle os seus parabéns ás EBX por este novo éxito, xa que, salienta "non é facil organizar este tipo de citas" e Carballo ten acollido tres das catro que se teñen disputado até o de agora. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, subliña o "altísimo nivel das Escolas de Balonmán Xiria", que levan toda a tempada "competindo contra os mellores equipos galegos" e que "estano facendo extraordinariamente ben". Para Ferrero, estes campionatos "son unha festa que move a moitísimas persoas porque son sempre un espectáculo de alta calidade deportiva" e espera que o pavillón estea cheo para animar ao Laber Xiria. Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador da cita en pdf nesta mesma nova.

Compartir: