Inicio Carballo ao día Hemeroteca Rapaces e rapazas de seis institutos disputan o...

ROIS, PONTEVEDRA, O CARBALLIÑO, PADRÓN, NEGREIRA E CARBALLO

Rapaces e rapazas de seis institutos disputan o domingo 26 de abril no Pazo da Cultura a final galega do Club de Debate

Xoves 23 de abril do 2015

O equipo mellor puntuado recibirá como premio unha viaxe multiaventura para 20 persoas dunha fin de semana a Portugal. Nesta viaxe terán ocasión, entre outras cousas, de achegarse ao patrimonio lingüístico a través de actividades lúdi cas nas que o idioma terá un papel fundamental, en coherencia co obxectivo principal do proxecto, que é promover o uso da lingua oral nos contextos formais e informais. Os equipos que chegaron a esta final xa recibiron, ademais, como clasificados das fases de zona, premios de 500 € e 300 € en material cultural en galego. A entrega de premios está prevista para as 19.30 horas no propio Pazo da Cultura de Carballo e nela participará o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e diversos/as responsables políticos/as dos outros concellos participantes. Os interesados e interesadas poden descargar o horario dos debates polo miúdo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: