Inicio Carballo ao día Hemeroteca As compañías Pisando ovos e Colectivo Fume: o...

NO PAZO DA CULTURA A PARTIR DAS 21.00 HORAS

As compañías Pisando ovos e Colectivo Fume: o venres 24 e o sábado 25 de abril no programa de Primavera enDanza

Xoves 23 de abril do 2015

O sábado 25 de abril o programa continúa coa compañía Colectivo Fume e o seu espectáculo "Fume", unha proposta vangardista que se conxuga a través de danza, performance, videoarte e videodanza adaptándose a unha sociedade cada vez máis tecnolóxica e sensorial, a partir de imaxes da curtametraxe "E as chemineas decidiron escapar" do realizador Oliver Laxe. Colectivo Fume é unha das compañías emerxentes de danza contemporánea en Galicia, que ten como obxectivo primordial investigar as posibilidades do corpo en relación ás novas tecnoloxías. A creadora Ánxela Blanco desenvolve a súa traxectoria profesional en varias disciplinas: ximnasia deportiva, danza contemporánea e creación. A súa formación disciplinar ven da man de creadores como Ana Beatriz Pérez, Marta Carrasco, Ana Vallés ou David Zambrano. Este espectáculo recibiu o Premio Injuve 2012 á creación escénica xove. A cita comeza ás 21.00 horas no Pazo da Cultura cun prezo de 3 € o ordinario e de 2 € o reducido, e conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia.

Actividades paralelasO programa inclúe tamén actividades paralelas para achegar ao público a danza contemporánea. Así, o Xardín Municipal acolle o venres 24 ás 13.00 horas a presentación do espectáculo "Que volvan as flores" (en caso de choiva realizarase no Mercado Municipal). E ademais, haberá os encontros "Como se crea un espectáculo de danza?" coas compañías Pisando Ovos e Colectivo Fume ao finalizar cada espectáculo no mesmo auditorio. Trátase dunha conversa dos espectadores con coreógrafos e directores para falar do espectáculo que acaban de presentar e dar a coñecer o seu proceso de creación e achegar a linguaxe da danza ao público. Os interesados e interesadas en adquirir as entradas, poden facelo no despacho de Billetes do Pazo da Cultura, unha hora e media antes do inicio de cada actuación. A reserva de entradas pode facerse no teléfono 981 704 300 ou na Concellaría de Cultura, no primeiro andar do Pazo da Cultura, de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Compartir: