Inicio Carballo ao día Hemeroteca A feira de Carballo acolle o domingo 26 de abril...

DE 10.00 A 15.00 HORAS NA RÚA CORUÑA

A feira de Carballo acolle o domingo 26 de abril unha cita lúdica para fomentar a reciclaxe de vidro con Mr. Iglú

Venres 24 de abril do 2015

Nestes momentos xa están seleccionados os 51 novos locais que pasarán a formar parte do proxecto, aos que se dotará de cubos individuais que despois poderán usar nos colectores específicos habilitados para eles, colectores que contan cun sistema especial para que poidan transportar o vidro no seu cubo individual e por un sistema de anclaxes depositar o vidro nos colectores Horeca, especialmente habilitados para este servizo á hostalería. Esta segunda fase incrementará en 18 colectores máis os xa existentes. Ademais, os colectores que sexan substituídos, serán usados para ampliar no rural a recollida de vidro convencional. O Concello espera que estes esforzos sigan facendo de Carballo Limpo un proxecto referencia en Galicia, xa que a colaboración de todas e todos os carballeses e carballesas está facendo que sexa un proxecto que non so promove que Carballo estea cada vez máis limpo, senon que demostra que a constancia e o traballo de colaboración entre cidadanía e administración fan que se consigan logros que converten a Carballo nunha referencia no bo uso da Reutilización, Reciclaxe e Redución de residuos. Desde Carballo Limpo agradécese de antemán a colaboración da cidadanía chamando ao 981 75 49 17, no web <www.carballolimpo.com> ou en Twitter @CarballoLimpo.

Compartir: