Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello reúne nunha guía os recursos para a...

ESTARÁ DISPOÑIBLE EN INSTITUTOS E SERVIZOS PÚBLICOS

O Concello reúne nunha guía os recursos para a mocidade dispoñibles no municipio, cunha distribución de 3.000 exemplares

Luns 27 de abril do 2015

REC tamén inclúe información sobre recursos non municipais, coma o Espazo Xove da Xunta de Galicia ou o centro de información A Xanela, vinculado á parroquia. Ademais, conta cun apartado dedicado ao voluntariado, con iniciativas sociais abertas á colaboración da mocidade. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, destacou na presentación da iniciativa que o importante é que cada mozo e cada moza poidan buscar e atopar recursos para facer o que lles gusta. Evencio Ferrero estivo acompañado polos concelleiros Daniel Pérez, responsable de Mocidade, e Marcos Trigo, de Deporte, Formación e Emprego e Medio Ambiente, áreas moi presentes en REC. Despois da presentación, na que participaron alumnos de 4º da ESO e Bacharelato, os mozos e mozas preguntaron diferentes cuestións. En concreto, interesáronse polos plans do Concello de Carballo para construír unha pista de skate, os usos da Biblioteca Rego da Balsa, a dispoñibilidade de ordenadores de uso libre e as propostas para o coñecemento da contorna, algo que, segundo os seus profesores, é unha materia pendente dos rapaces e rapazas.

Compartir: