Inicio Carballo ao día Hemeroteca A fotografía "Ría Triste", do cullerdense Pastor...

NESTA EDICIÓN TODOS OS PREMIADOS SON GALEGOS, EXCEPTO UN ACCÉSIT

A fotografía "Ría Triste", do cullerdense Pastor García Queijas, gañadora do XVII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Luns 27 de abril do 2015

Este ano o xurado estivo composto por Mar Eirís Villar (Concelleira de Cultura e educación), Eva Facal Lazo (en representación da AC Crea Formas), Ángel Cordero Gómez e Ignacio Romero Sánchez (profesores da Escola de Imaxe e Son de A Coruña), Alfonso Costa Beiro (gravador, pintor, muralista e escultor), Marcos Rodríguez Cotelo (fotógrafo profesional), e María del Carmen Castro Pombo (animadora cultural do Concello de Carballo). A entrega de premios e inauguración da exposición do XVII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís realizarase o martes 28 de abril ás 20.30 horas no 3º andar do Pazo da Cultura. Está previsto que asistan o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a Concelleira de Cultura, Mar Eirís, así como membros do xurado e os gañadores desta edición, aos que se fará entrega dos premios.

Compartir: