Inicio Carballo ao día Hemeroteca Unha imaxe que denuncia o deterioro da contorna...

REPARTÍRONSE 1.850 EUROS EN PREMIOS

Unha imaxe que denuncia o deterioro da contorna natural, gañadora do XVII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Mércores 29 de abril do 2015

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que estivo acompañado no acto pola Concelleira de Cultura, Mar Eirís, foi o encargado de pechar o acto e tivo palabras para o desaparecido Alberto Gende, artista carballés cuxo nome leva a sala de exposicións do Pazo da Cultura na que se celebrou a entrega de premios; e para o tamén desaparecido Xosé Manuel Eirís, primeiro animador cultural do Concello de Carballo que bautiza o certame. Para Ferrero "Carballo é cultura" e na vila teñen cabida a música, o teatro, a pintura, a arquitectura e calquera expresión artística porque "a cultura tamén é economía" e con este tipo de concursos e iniciativas, o Concello espera "poñer orde dentro do caos" no que está inmerso nos últimos tempos o mundo cultural. O Alcalde tivo verbas para o fotógrafo Marcos Rodríguez, membro do xurado encargado de entregar un dos premios e que recentemente foi distinguido en Francia coa Medalla de Plata da World Photographic Cup na categoría de reportaxe, e a quen lle transmitiu de novo os seus parabéns, ao igual que a todos os premiados nun certame que, nos seus 17 anos de vida xa ten distinguido a 67 imaxes como merecedoras dalgún dos seus galardóns. Os interesados e interesadas en ver a mostra coa selección das mellores imaxes presentadas ao concurso de 2015, poden facelo até o 31 de maio en horario de 18.00 a 21.00 horas na sala da baixocuberta do 3º andar do Pazo da Cultura.

Compartir: