Inicio Carballo ao día Hemeroteca Alcaldes da comarca subscriben en Carballo un...

ACUDIRON Á CONVOCATORIA REPRESENTANTES DE ONCE CONCELLOS

Alcaldes da comarca subscriben en Carballo un manifesto elaborado polos sindicatos para apoiar aos produtores de leite

Luns 27 de abril do 2015

Recolléronse as sinaturas de Evencio Ferrero, Alcalde de Carballo; Félix Porto, Alcalde de Muxía; José Manuel López Varela, Alcalde da Laracha; Antón Carracedo, Alcalde de Laxe; José Muíño, Alcalde de Cabana; Eduardo Parga Veiga, Alcalde de Malpica; Manuel Antelo, Alcalde de Vimianzo; Manuel Muíño, Alcalde de Zas; Manuel Rodríquez Caamaño, tenente de Alcalde de Mazaricos; Juan García Velo, tenente de Alcalde de Coristanco; José Antonio Casais, tenente de Alcalde de Dumbría; Alfredo Cañizo, Concelleiro de Medio Rural de Malpica; Rogelio Pereira, voceiro do PSOE de Malpica; Eladio Verdía, concelleiro do PSOE da Laracha; e Xoán Manuel Sande Muñiz, voceiro do BNG da Laracha. Precisamente José Manuel López Varela, Alcalde da Laracha, manifestou que vai solicitar unha xuntanza urxente con representantes da Consellería de Medio Rural e do Mar para que se convoque o antes posible unha xuntanza da Mesa do Leite. Os sindicatos, representados pola Secretaria Xeral do SLG, Isabel Vilalba, o Secretario Xeral de UUAA, Roberto García, e o representante na Coruña de Asaja, Juan García, non descartan endurecer as medidas de protesta de non chegarse a unha negociación que permita mudar a situación actual.

Compartir: