Inicio Carballo ao día Hemeroteca Primavera enDanza pecha con "Lowland", unha...

A AULA MUNICIPAL DE TEATRO PRESENTA UNHA OBRA DE WOODY ALLEN

Primavera enDanza pecha con "Lowland", unha proposta sobre a liberdade coa compañía Roser López Espinosa

Mércores 29 de abril do 2015

Ademais, e dentro das actividades complementarias de Primavera enDanza, a Aula Municipal de Teatro de Carballo estrea o venres 8 e o sábado 9 de maio "Sombras na noite", baseada nun guión de Woody Allen. A Aula, dirixida por Artur Trillo (director, actor e fundador da compañía Talía Teatro), estrea a súa última produción ás 21.00 horas no Pazo da Cultura. Aquelas persoas que desexen asistir poderán reservar as súas entradas para os dous días de 11.00 a 14.00 horas no 1º andar do Pazo da Cultura ou chamando ao teléfono 981 704 300. O número de entradas que se poderán reservar son de catro por persoa.

Nesta mesma nova podedes ver un vídeo en Youtube cunha mostra de "Lowland".

Compartir: