Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concurso fotopoético "Carballo,...

PRESENTACIÓN DE TRABALLOS ATÉ O 25 DE MAIO

O Concurso fotopoético "Carballo, mirando ao mar" premia con 5.000 euros os mellores textos e imaxes sobre Razo e Baldaio

Xoves 30 de abril do 2015

Respecto das características do premio máis polo miúdo, as catro modalidades divídense en individuais e colectivas. No primeiro caso, as categorías son fotografía e textos poéticos. A fotografía debe ser inédita de creación propia e poderanse presentar en branco e negro ou cor, naturais ou manipuladas, con total liberdade técnica e de procedemento. Os textos debe ser un poema ou conxunto de poemas ou textos poéticos inéditos en galego de creación propia cun mínimo de 80 versos e un máximo 250. No segundo caso, trátase fotopoema e videopoema, no que poden presentarse persoas a título individual pero tamén pode ser unha obra colectiva. Na modalidade de fotopoema, debe presentarse un connxunto inédito de imaxe e poema de creación propia, con fotografías en branco e negro ou cor, naturais ou manipuladas, con total liberdade técnica e de procedemento, acompañadas dun poema en galego de entre catro e 30 versos. No caso da modalidade de videopoema, poderán presentarse creacións en galego de entre 1 e 4 minutos, de tratamento estético e visual libre, mais nos que teña presenza clara na imaxe o espazo natural Razo-Baldaio. O vídeo debe ser inédito, mais pode ser realizado sobre un poema non inédito, sempre que se teña permiso do autor ou autora ou sexa un poema libre de dereitos.

Os interesados e interesadas poden descargar as bases ao completo en pdf máis abaixo nesta mesma nova, na que tamén se detallan os formatos para presentar as creacións así como os espazos nos que hai que presentalas, ademais dos prazos e os premios máis polo miúdo.

Compartir: