Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arredor de 500 nenos e nenas e 48 equipos...

O 17 DE MAIO NO PAVILLÓN CARBALLO CALERO E A SÚA CONTORNA

Arredor de 500 nenos e nenas e 48 equipos participan no terceiro Día do Pequebasket, a gran festa do baloncesto

Luns 4 de maio do 2015

Na cita, que tivo lugar na Biblioteca Rego da Balsa, tamén estiveron presentes o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; o Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, José Manuel Villamarín e os carballeses Ricardo Mendez (Tesoureiro da Fegaba) e Francisco Guillamet (Coordinador Arbitral da Fegaba), cos que o Alcalde bromeou sobre o "lobby carballés do baloncesto". Ao remate do acto, aberto a todo o público, actuou a compañía Elefante Elegante co contacontos "O aviador", ao que asistiron numerosos nenos e nenas. A presentación tamén contou coa proxección dun vídeo resumo do Pequebasket de 2014, no que estivo presente o coñecido ex xogador de baloncesto Fernando Romay. Diego Vázquez expresou o desexo da organización de que este ano a cita tamén conte cunha figura relevante no mundo do baloncesto en España. "Encantaríanos que fose Amaya Valdemoro para apoiar o baloncesto feminino", manifestou Vázquez. En todo caso, Francisco Martín asegurou que contactarán coa Federación Española de baloncesto para que a cita conte cun persoeiro relevante deste deporte que supoña un aliciente máis para os nenos e nenas que se desplazarán a Carballo.

Compartir: