Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello renova a tarxeta Carballo PortaAberta,...

A TARXETA UTILÍZASE DENDE HAI MÁIS DE DEZ ANOS

O Concello renova a tarxeta Carballo PortaAberta, a disposición dos usuarios das instalacións deportivas e agora tamén das bibliotecas

Luns 4 de maio do 2015

De feito, elas foron as primeiras en poder utilizar o novo sistema, xa que son dúas deportistas carballesas que acoden a diario ás instalacións deportivas. Clarisa Alonso é unha nadadora do Club Fogar que vén de acadar a medalla de prata nos 50 metros costas no Campionato de España Open Master de Inverno; e Valeria Gómez é unha deportista do club Sysca que a pasada tempada foi campioa de España na categoría xuvenil, campioa absoluta na proba de bandeiras e primeira galega en todas as categorías, ademais de acadar a quinta praza na proba de bandeiras no Campionato do Mundo. Precisamente, Valeria Gómez estivo a pasada fin de semana en Francia, onde participou, xunto a Álex Regueira e Sandro Gómez, no Festival Internacional d’Hossegor, que supón a 1ª rolda do Euro Beach Flags e Oceanman Tour.

Compartir: