Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle a final da liga regular...

SÁBADO 9 DE MAIO ÁS 16.15 HORAS NO PAVILLÓN CARBALLO CALERO

Carballo acolle a final da liga regular intercomarcal benxamín de voleibol, coas nenas do Volei Xiria como anfitrioas

Venres 8 de maio do 2015

A festa do volei para o Xiria pode ser completa o sábado, xa que o Pavillón Vila de Noia acolle a partir das 20.00 horas a final do playoff de ascenso á Segunda A, un obxectivo polo que as xogadoras levan loitando bastante tempo e que esperan que se cumpra o sábado, xa que ao Xiria Asesoría Cervantes chegaríalles coa consecución dun único set ante o Club Voleibol Santiago para conseguir o ascenso. Marcos Trigo desexoulles ás xogadoras moita sorte para o partido e que o sábado haxa unha festa "redonda" para o voleibol carballés.

Compartir: