Inicio Carballo ao día Hemeroteca Fernando Romay volve a Carballo como padriño do...

SERÁN 48 EQUIPOS E MÁIS DE 500 NENOS E NENAS NA ZONA BERGANTIÑOS

Fernando Romay volve a Carballo como padriño do terceiro Día do Pequebasket: o domingo 17 de maio, Día das Letras

Martes 12 de maio do 2015

A xornada tamén está en Twitter co hashtag #3DiaPequebasket a través da conta de Escola Basket Xiria. Ademais de todas as actividades programdas, hai que subliñar a participación e o compromiso por segundo ano consecutivo de Fernando Romay, ex xogador do Real Madrid e da Selección Española de Baloncesto, cuxa presenza vén a avalar as numerosas xestións realizadas pola Escola de Basket Xiria, Federación Galega e Federación Española de Baloncesto, que contan coa colaboración do Concello de Carballo, Deputación Provincial da Coruña, La Caixa e varios patrocinadores, así coma con 25 establecementos colaboradores (hostalería local), para a organización dunha xornada lúdica na que imperarán o espírito deportivo e a alegría.

Compartir: