Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo presenta o Depor Campus 2015, un...

ENTRE O 13 E O 17 DE XULLO NAS EIROAS

Carballo presenta o Depor Campus 2015, un campamento infantil para mellorar as habilidades futbolísticas e deportivas

Mércores 13 de maio do 2015

Respecto do prezo do campus, é de 100 euros (IVE incluído), aínda que aplicarase un 20 por cento de desconto no caso de que os participantes pertenzan ás Escolas Luís Calvo Sanz ou ao Bergantiños FC; no caso das familias cos dous membros en paro; ou no caso das familias que inscriban a máis dun fillo (aplicarase o desconto a cada un deles). O campus será gratuíto para os xogadores pertencentes ao Deportivo. O Presidente das EF Luís Calvo Sanz, Luciano Calvo, manifestou que foi unha decisión da entidade facilitar o acceso aos descontos para favorecer "que todos os nenos e nenas que o desexen podan participar". Estivo acompañado, ademais de por Toché, polo Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; polo Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; por por Pablo Barros, adestrador de categorías de base do Deportivo; e por José Barcala, Director de metodoloxía da canteira do Deportivo. Barcala subliñou que o Depor Campus xa é unha realidade, non só en Carballo, senón tamén en Monforte, Viveiro, Rianxo e Ferrol, cumprindo o obxectivo do club "de chegar a todos os lugares de Galicia". Para Barcala, o campus é unha boa forma de "aprender, divertirse e relacionarse con outros compañeiros" e expresou que o Depor Campus de Carballo "é exemplar, un referente para a comarca".

Pechou o acto Evencio Ferrero, que en primeiro lugar, e dadas as dificultades durante a presente tempada, desexoulle a Toché e a todo o Deportivo que consigan o obxectivo de manter a categoría. Felicitou tamén ás Escolas Luís Calvo Sanz e ao Bergantiños FC polo traballo que realizan co campus e animou a todos os nenos e nenas presentes para saudar a Toché a que aproveiten "a oportunidade de aprender no que vos gusta, que é o fútbol". Os interesados e interesadas poden descargar o díptico coa información sobre o campus máis abaixo nesta mesma nova.

Compartir: