Inicio Carballo ao día Hemeroteca "Carballo por etapas" volve con rascas...

PARTICIPAN UN TOTAL DE 21 LOCAIS HOSTALEIROS

"Carballo por etapas" volve con rascas e tapas a un euro e con novidades como un Showcooking ou o Pequechef

Xoves 14 de maio do 2015

Hai que mencionar que no caso do Pequechef as prazas son limitadas. O obradoiro contará coa presenza de Adrián Felípez, que axudará aos cativos e cativas na elaboración e degustación de pratos. A lista de bares, tascas, mesóns e locais hostaleiros en xeral que participan na iniciativa son: A Barra Bar, A Cervexería de Luís, Bodegón O Pescador, Cafés A Cafeteira, Cafetería Abastos, Cafetería Bar Embajador, Cafetería Bar Ginebra, Cervexería Ágora, Cervexería Beos, Cervexería Dublín, Cervexería La Bombonera, Cervexería San Juan, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Oasis Restaurante Vinoteca, Ofelia Vinoteca Restaurante, Restaurante El Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Tasca o Casino e Trattoria Pizzería Vesubio. Para ofrecer aos interesados e interesadas a posibilidade de degustar todas as tapas, un tren turístico cedido polo Concello de Cabana percorrerá unha ruta por todos os establecementos durante os días da cita. O presidente de Axober, Isidro Varela Bardanca, desexou que un ano máis todo se desenvolva "estupendamente" e o Alcalde resaltou a experiencia que xa se está desenvolvendo no Fórum Carballo cun curso de Elaboración de Tapas no que participan 37 profesionais da hostalería no marco de "Carballo por etapas". Tamén avanzou que para as datas da iniciativa está previsto que estean rematados os traballos da rúa Colón "e que a Praza xa estea lista". Podedes ver máis imaxes da presentación da iniciativa no Facebook do Concello, aquí.

Compartir: