Inicio Carballo ao día Hemeroteca Cápsula, Tokyo Sex Destruction,...

VENRES 26 DE XUÑO A PARTIR DAS 21.30 HORAS NO REGO DA BALSA

Cápsula, Tokyo Sex Destruction, Terbutalina, Eskizos e Arabian Evils no cartel do Rockin', que abre a tempada de festivais

Sábado 16 de maio do 2015

Os cataláns Tokyo Sex Destruction autodefínense como unha banda de soul punk e levan máis dunha década no panorama rockeiro máis alternativo, pisando numerosos escenarios e con seguidores tanto en España como fóra. Despois de estar a piques de desaparecer, volveron en 2013 cun novo traballo "Sagittarius", como símbolo do seu rexurdimento e dunha volta a empezar longamente esperada polo seu público na que evolucionan cara ao pop pero sen perder as súas esencias rockeiras. Xa dentro do panorama musical galego atopamos a Terbutalina. Falan de eles mesmos como un grupo de "garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos. Festa, baile e diversión a ritmo de tupa-tutupá". Naceron no ano 2010 e o seu último álbum "A muerte", resultou gañador nos Premios da Música Independente na categoría de Mellor Álbum en Galego de 2014. Los Eskizos eran un grupo musical galego de rock, formado na Coruña en 1988 e disolto en 1992 que cantaban en inglés. En 2014 decidiron volver a xuntarse de novo na Coruña para unha actuación e agora os escenarios recuperaron definitivamente o son deste grupo que estivo en decembro de 2014 no prestixioso Purple Weekend de León.

Por último, merecen unha mención aparte pechando o programa do Rockin' os carballeses Arabian Evils, que actúan na casa no marco dun festival coma o Rockin'. Resumen as claves do seu estilo como una mestura de patín, garaxe, punk, pop e DIY ("do it yourself"). A banda está formada por Adrián Vilanova, Christ Andrade e Dani Vecino. Xa contan un EP titulado "Monoenpatín" que se presentou no mes de maio en A Barra Bar e de seguro que no San Xoán ofrecerán a súa mellor versión diante do seu público. Agora que xa sabedes o cartel, tendes que marcar en vermello o 26 de xuño, con música de calidade e de balde a partir das 21.30 horas na contorna do Parque Rego da Balsa, detrás da antiga estación de autobuses. Non podedes faltar.

Compartir: