Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo festexa o Día das Letras con música,...

ACTOS O DOMINGO 17 DE MAIO DURANTE TODA A MAÑÁ

Carballo festexa o Día das Letras con música, arte, monicreques, e o xa tradicional maratón "As Letras en voces"

Venres 15 de maio do 2015

Esta actividade, que leva por título "Ai, Rosalía, Rosalía (A viaxe de Rosalía)" correrá a cargo da coñecida Larraiz Urruzola e centrarase na obra da famosa escritora. A xornada de mañá finaliza co tamén tradicional Concerto das Letras da Banda Municipal de Música de Carballo que dirixe Vicente Pérez Planells e que realizarán a súa actuación a partir das 13.30 horas na Rúa Coruña. En caso de choiva, todos os actos -excepto o contacontos que terá lugar na Ludoteca- terán lugar no segundo andar do Mercado Municipal. No caso de que o contacontos se celebre na Ludoteca, o aforo estará limitado pola capacidade do local. Ademais de todas estas actividades organizadas polo Concello, desde as 11.00 horas o Xardín acolle a XXXVI Edición do Concurso de Pintura Luís Calvo, unha cita co debuxo e a pintura dirixida sobre todo aos máis cativos/as, que organiza a Asociación Cultural Lumieira no Xardín Municipal. Para pechar esta fin de semana dedicadas ás Letras o mesmo domingo 17 celebraranse en Berdillo os Encontros Culturais Arume, un festival de música e baile tradicional que terá lugar no Local Social a partir das 18.00 horas.

Compartir: