Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas as bases e a convocatoria do Premio...

ADXUDICADO O SUBMINISTRO DE COMBUSTIBLE CUN DESCONTO DUN 5,5%

Aprobadas as bases e a convocatoria do Premio infantil Carballo mirando ao Mar nas categorías de literatura e vídeo

Luns 18 de maio do 2015

Xa no apartado de contratación, a sesión supuxo a adxudicación do contrato de "Subministro de combustible para os vehículos e maquinaria do Concello de Carballo" a CEPSA Card SA, cun desconto medio ofertado no combustible de automoción dun 5,51 por cento sobre o prezo de venda ao público en surtidor. Ademais, o adxudicatario comprometeuse a unha mellora pola que o sistema de subministro se realizará a través do uso da tarxeta de banda magnética CEPSA Card. A repostaxe de combustible realizarase nas estacións de servizo da rede CEPSA no Concello de Carballo situadas na Avenida de Fisterra, na recta de Xoane e en Mingacho na rúa Compostela. Así mesmo, aprobouse unha prórroga dun ano, até o 1 de xuño de 2016, do contrato administrativo de servizos de "Limpeza de praias do municipio de Carballo". No que respecta a convenios, a Xunta de Goberno Local aprobou dous: un o Convenio marco de actuacións musicais a favor de grupos de música e danza tradicional, masas corais, orquestras, conxuntos e bandas de música para o ano 2015; e outro de colaboración coa Universidade da Coruña para o desenvolvemento do XI Curso de Verán sobre dinamización lingüística Traballando en Lingua 2015.

O Convenio Musical ten por obxecto contribuír á promoción da música e do folclore que se desenvolve no Concello, difundir o labor que as agrupacións musicais de persoas afeccionadas realizan, así como colaborar coas diferentes entidades que ao longo do ano organizan diversos actos culturais en Carballo facilitándolles recursos que enriquezan as súas actividades. Con esta finalidade o Concello establecerá convenios específicos de actuacións cos grupos musicais do municipio para que lles oferten as súas actuacións ás asociacións culturais, asociacións de veciños/as, comisións de festas ou outras entidades de carácter cultural ou social sen ánimo de lucro. Poden optar a el, e cons seguintes importes por actuación, grupos de música e danza tradicional (mínimo de 12 compoñentes), 350€; grupos de gaitas (mínimo de 4 compoñentes), 260€; grupos de cantareiras (mínimo de 4 compoñentes), 260€; masas corais (entre 10 e 29 compoñentes), 260€; masas corais (a partir de 30 compoñentes), 425€; orquestras, conxuntos e bandas de música (mínimo de 4 compoñentes), 350€. Respecto do Curso de Verán sobre Normalización Lingüística, terá lugar os días 8 e 9 de xullo deste ano e centrarase nas mudanzas e afianzamentos lingüísticos na mocidade.

Subvencións para asociacións no eido dos servizos sociaisNo apartado de subvencións, a sesión supuxo a aprobación das bases das Subvencións a asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan accións no eido dos servizos sociais no ano 2015. Para a concesión destas axudas dirixidas á realización de actuacións puntuais ou de carácter anual no eido dos servizos sociais, destinarase un importe máximo de 24.000 euros que se imputarán á partida correspondente dos orzamentos xerais do Concello. Así mesmo, aprobouse a solicitude dunha subvención ante a Xunta de Galicia para a promoción do uso da lingua galega no Concello de Carballo durante o ano 2015 por un importe de 21.000 euros. Ao abeiro desta axuda desenvolveranse actividades para incrementar o uso e prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal. Ademais, a Xunta de Goberno supuxo a constitución oficial da Comisión de Festas de San Xoán 2015 e o programa das Festas deste ano que se desenvolverán entre o venres 12 e o domingo 28 de xuño.

Así mesmo, a sesión supuxo luz verde para o Programa de exercicio físico para maiores para o curso 2015-2016 e que se desenvolverá dende o 1 de outubro deste ano até o 30 de xuño do próximo. O programa inclúe o desenvolvemento de entre dúas e tres sesións semanais de entre 30 e 45 minutos para os maiores do municipio, tanto no casco urbano como nas parroquias. Por último, a Xunta de Goberno aprobou cinco licenzas de obra, incluída a instalación dunha liña eléctrica de alta tensión para subministro da nova subestación eléctrica do Parque Empresarial de Bértoa; tres licenzas de parcelación e unha licenza de primeira ocupación.

Compartir: