Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle a Fase Final provincial Alevín e...

SÁBADO 23 DE MAIO A PARTIR DAS 10.30H NO PAVILLÓN VILA DE NOIA

Carballo acolle a Fase Final provincial Alevín e Benxamín de Balonmán con presenza das Escolas Balonmán Xiria

Xoves 21 de maio do 2015

José Antonio Rodríguez, Vicepresidente das Escolas Balonmán Xiria, quixo agradecerlle á Federación Galega a posibilidade de celebrar por segunda vez esta fase final provincial en Carballo, así como o pulo que o Concello lle dá a este tipo de citas. Para Rodríguez, "esta competición ten a mesma importancia que calquera outra", aínda que se trate de categorías de base, ou incluso máis, xa que "por aquí é por onde comeza o traballo e veñen as mellores consecuencias para o noso deporte". O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo subliñar o "sobrado nivel deportivo" dos equipos das EBX, que poderán competir "por proclamarse campións provinciais" e que chegan á cita con opcións de conseguilo. E o Alcalde, Evencio Ferrero, dixo que está "encantado de poder ver o sábado algo de deporte, e que ese deporte sexa o balonmán". Ferrero espera que o Balonmán Xiria "demostre unha vez máis o alto nivel de formación das súas escolas". Para o rexedor, o Concello ten "a obriga" de "abrir as súas instalacións para que as nosas entidades amosen o seu bo facer" e desexoulle sorte aos equipos locais para a cita do sábado. Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador da cita nun documento en pdf, máis abaixo nesta mesma nova.

Compartir: