Inicio Carballo ao día Hemeroteca Volve o Trofeo ciclista Concello de Carballo, que...

SÁBADO 23 DE MAIO A PARTIR DAS 15.00 HORAS

Volve o Trofeo ciclista Concello de Carballo, que reunirá a 200 deportistas de clubs chegados de Galicia e de Castela-León

Xoves 21 de maio do 2015

No que respecta ás características da proba máis polo miúdo, as femias saen ás 15.00 horas cun percorrido de dúas voltas e 32,9 quilómetros (máis 2,3 km neutralizados) por Carballo, Coristanco, Rus e de volta a Carballo. Ás 16.30 os cadetes realizan o mesmo circuíto que as femias, mentres que os júnior saen ás 18.00 horas. O seu percorrido varía xa que, saíndo desde Carballo, pasarán por Coristanco e Agualada, volvendo a Coristanco e pasando despois por Rus para volver á capital municipal cun circuíto de 73,9 quilómetros (máis 2,3 km neutralizados). Juan Seoane, director deportivo do Club Ciclista Carballo, destaca que, aínda que para os júnior, a proba non conta con moita quilometraxe, o percorrido é "bastante duro" o que fará que a "proba sexa bastante disputada dende o inicio". No que respecta ás escolas, os alevíns e infantís realizarán ás 18.00 e 18.30 horas, respectivamente, un circuíto de 1,6 quilómetros polas rúas da capital municipal. Será de 4,8 quilómetros para os alevíns, con 3 voltas; e de 14,4 quilómetros para os infantís, con nove voltas.

Proba de habilidade para os máis cativos e cativasPor último, unha das citas que congrega a máis público é a de promesas, xa que os máis cativos e cativas realizan unha proba de habilidade cun pequeno circuíto de obstáculos na Praza do Concello. Neste caso, a cita é a partir das 19.00 horas. Juan Seoane anima ás familias a que leven aos rapaces e rapazas a realizar o percorrido durante toda a tarde, aínda que non estean inscritos, para que gocen con esta gymkana. A proba repartirá un total de 43 trofeos, con premio para os tres primeiros en todas as categorías. Ademais, hai un premio de Meta Voante para os júnior patrocinado por Panadería Añón na recta de Rus e tamén un premio de montaña por puntos. O Alcalde pechou a presentación da cita desexando que o sábado 23 "Carballo sexa unha festa do ciclismo", subliñou a colaboración de Aspaber na elaboración dos trofeos e espera que esta proba "siga tendo continuidade no futuro". Os interesados e interesadas poden descargar o rutómetro da proba máis abaixo nesta mesma nova.

Compartir: