Inicio Carballo ao día Hemeroteca Continúa o Programa das Letras con contacontos,...

CITAS: MÉRCORES 20, XOVES 21, SÁBADO 23 E DOMINGO 24 DE MAIO

Continúa o Programa das Letras con contacontos, música para bebés e teatro na Biblioteca, na Ludoteca e no Pazo da Cultura

Mércores 20 de maio do 2015

Finalmente o teatro afeccionado tamén cobra protagonismo durante a fin de semana no Programa das Letras coa participación da Asociación Cultural Coro Vagalume que representa, o sábado 23 ás 20.30 horas dúas obras, "Crispín e a profecía" e "Vikingos". O domingo 24 volven á escena con tres obras: "Escola de piratas", "Todo é un conto" e "Un conto de piratas" a partir das 18.00 horas. Calquera das dúas funcións terá lugar no Auditorio do Pazo da Cultura e a entrada é con invitación. Para conseguila, é necesario poñerse en contacto coa presidenta da Asociación Cultural Coro Vagalume, Mónica Liñares, no teléfono 645 930 038.

Compartir: