Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Programa das Letras volve cos concertos de fin...

CONTACONTOS, CINE E TEATRO NA BIBLIOTECA E NO PAZO DA CULTURA

O Programa das Letras volve cos concertos de fin de curso dos Novos Intérpretes do Conservatorio Profesional de Música

Martes 26 de maio do 2015

No marco do Programa das Letras tamén hai que lembrar que o xoves 28 de maio a a Biblioteca Rego da Balsa acolle unha nova sesión de contacontos a cargo de Noelia Pérez e Ainhoa García, dúas nais usuarias das instalacións que ofrecen esta sesión para todos os cativos e cativas. A entrada é gratuíta. Tamén na Biblioteca, e no marco do diclo "Cine con fondo" do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, está prevista a proxección da película "Azur e Asmar" o mércores 27 de maio a partir das 19.00 horas. O filme está dirixido a todos os públicos e a entrada é de balde. Por último, o sábado 30 de maio, a partir das 20.30 horas, no auditorio do Pazo da Cultura volve haber unha cita co teatro da man da Asociación Cultural Coro Vagalume, coa representación de "Unha de romanos" e "Escola de Bruxas" (entrada con invitación).

Compartir: