Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Horto Infantil Ecolóxico organiza o...

A CITA SERÁ NA PRAZA DO CONCELLO A PARTIR DAS 11.00 HORAS

O Horto Infantil Ecolóxico organiza o venres 29 de maio unha Pequefeira na que os nenos e nenas venderán os seus cultivos

Mércores 27 de maio do 2015

Hai que mencionar que outro dos valores que pretende inculcar a Pequefeira é o da solidariedade e cooperación. Por iso, aínda que os cativos e cativas do CEIP Gándara-Sofán non poderán asistir o venres para vender eles mesmos o froito do seu traballo porque o centro marcha de excursión, si que estarán presentes grazas á axuda dos nenos e nenas do Xesús San Luís Romero, que se encargarán de montar e atender o posto dos seus compañeiros e compañeiras. Está previsto que na apertura da Pequefeira, ás 11.00 horas, estean presentes o Alcalde en funcións de Carballo, Evencio Ferrero; o Concelleiro en funcións de Medio Ambiente, Marcos Trigo; e o Concelleiro en funcións de Promoción Económica, Xosé Regueira. A actividade serve, ademais, como peche oficioso do curso no Horto Infantil Ecolóxico.

Compartir: