Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Bolsa de Traballo Municipal conta con preto de...

NESTES ÚLTIMOS DÍAS TÉÑENSE REXISTRADO 10 OFERTAS DE EMPREGO

A Bolsa de Traballo Municipal conta con preto de 2.000 persoas desempregadas inscritas dende que arrincou en 2012

Martes 2 de xuño do 2015

Con este convenio finalizouse coa totalidade de prácticas das 24 alumnas do curso de Auxiliar de Comercio organizado pola BDT. O resultado e valoración tanto da formación teórica como das prácticas en empresas é moi positiva e enriquecedora e supón para o alumnado un contacto real co sector do comercio. Tanto é así que xa se produciron dúas insercións laborais na empresa dedicada ao sector da alimentación onde algunhas das alumnas estiveron realizando as súas prácticas laborais durante 16 días lectivos (80 horas). Outras dúas alumnas máis atópanse nestes momentos nun proceso de selección dentro da empresa.

Por último, informamos das ofertas de emprego que están abertas nestes momentos:

  • Camareiros/as para Carballo. Imprescindible experiencia laboral no sector. Xornada completa e media xornada (tamén para extras). É un dos perfís máis demandados.
  • Pasteleiros/as para Laxe. Valorarase experiencia laboral previa no sector. Xornada completa e partida.
  • Cociñeiros/as. Imprescindible experiencia laboral no sector. Xornada completa.
  • Xerocultoras/es para Carballo. Imprescindible Formación profesional de auxiliar de enfermería ou certificado de profesionalidade de institucións sociais. Xornada completa e media xornada.
As persoas interesadas poden pedir máis información no Forum Carballo (Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n, Carballo) ou ben chamando ao 981 709 011.

Compartir: