Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle o Festifolk Costa da Morte, unha...

O SÁBADO 20 DE XUÑO DE 16.30 A 00.30 HORAS

Carballo acolle o Festifolk Costa da Morte, unha homenaxe á música galega con gaiteiros, Birimbao e Luar na Lubre

Xoves 28 de maio do 2015

Pola súa banda, Birimbao fundouse no ano 1999 na cidade de A Coruña. Comezou centrándose na música popular galega, movéndose en pezas e cantigas puramente tradicionais e sen moitas aderezos. Co paso do tempo o grupo sentiu a curiosidade de investigar e fusionar os sons galegos con outros estilos de música con raíces parecidas como a irlandesa, escocesa ou a portuguesa. O seu último álbum é Nena do Mare, publicado a comezos do ano 2013. O Festifolk Costa da Morte está organizado polo Concello de Carballo e conta coa colaboración da Fundación Luís Calvo Sanz e de La Voz de Galicia a través de La Voz de Carballo. Durante a presentación da cita, Xulio Varela, de Luar na Lubre, quixo reivindicar a música de raíz e denuncio que "a música galega en ningún momento estivo tan desprezada como agora mesmo". Para Varela, que haxa unha cita destas características é "como estar en Marte", debido á "precaria" situación da música tradicional, "coa desaparición de grupos como Milladoiro". Por iso, agradeceu especialmente este Festifolk, porque "par nós é moi importante facer patria e facer Galicia por aí adiante" e porque "esta iniciativa é un exemplo a seguir".

Luciano Calvo Pumpido, Presidente de Conservas Calvo, escoitou atentamente a denuncia realizada por Varela e manifestou a posibilidade de "organizar un evento o ano que vén que acude a que isto volva a revivir" porque "podemos poñer desde Carballo un grao de area e montar unha cita digna". Respecto do Festifolk, amosouse "feliz por entrar neste proxecto" dentro de todas as colaboracións da empresa con motivo do seu 75 aniversario e "espero que resulte moi ben". Pechou a quenda de intervencións Evencio Ferrero, Alcalde en funcións de Carballo, que subliñou que o Festifolk é "o primeiro acto festivo dentro do San Xoán, as festas por excelencia de Carballo", ademais de que servirá "para celebrar o 75 aniversario de Calvo dunha maneira moi especial". Precisamente agradeceulle á empresa "o seu compromiso con Carballo" en todos os ámbitos posibles, deportivo, cultural ou social. Para Ferrero "a música galega necesita todos os apoios" porque "só sabendo quen somos podemos construír o futuro". Por iso, espera que esta música "se vexa e utilice moitos anos como símbolo de vida, de festa, de alegría e de compromiso co país".

Os interesados e interesadas poden descargar o programa completo das actividades incluídas no Festifolk, xunto cun plano co percorrido que realizarán os gaiteiros, nun documento en pdf máis abaixo nesta mesma nova.

Compartir: