Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrinca "Carballo por etapas", unha...

A CITA INCLÚE NOVIDADES COMO UN SHOWCOOKING OU O PEQUECHEF

Arrinca "Carballo por etapas", unha cita co mellor da gastronomía da vila na que participan 21 locais hostaleiros

Xoves 28 de maio do 2015

Hai dispoñibles para o Pequechef un total de 25 prazas, polo que se o número de anotacións supera a oferta, realizarase un sorteo entre todos os cativos e cativas inscritos. Respecto dos protagonistas do Showcooking, Gorka Rodríguez foi nomeado Cociñeiro Galego do ano 2015 e dirixe o negocio familiar da Pulpeira de Melide, na Coruña. Adrián Felípez é un cociñeiro, showcooker e empresario, ademais de asesor culinario, director de AF Gastroconsulting e que xa ten visitado Carballo en varias ocasións para impartir cursos e obradoiros para os hostaleiros da vila. Tamén será o encargado de axudar aos cativos e cativas na elaboración e degustación de pratos durante o Pequechef. Os dous mestres cociñeiros ofrecerán o domingo auténticas obras de arte en miniatura a través de tapas exclusivas, orixinais e divertidas.

A lista de bares, tascas, mesóns e locais hostaleiros en xeral que participan na iniciativa son: A Barra Bar, A Cervexería de Luís, Bodegón O Pescador, Cafés A Cafeteira, Cafetería Abastos, Cafetería Bar Embajador, Cafetería Bar Ginebra, Cervexería Ágora, Cervexería Beos, Cervexería Dublín, Cervexería La Bombonera, Cervexería San Juan, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Oasis Restaurante Vinoteca, Ofelia Vinoteca Restaurante, Restaurante El Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Tasca o Casino e Trattoria Pizzería Vesubio. Para ofrecer aos interesados e interesadas a posibilidade de degustar todas as tapas, un tren turístico cedido polo Concello de Cabana percorrerá unha ruta por todos os establecementos durante os días da cita. A inauguración de "Carballo por etapas" está prevista para as 19.30 horas do venres 29 de maio na Praza do Concello e contará coa presenza do Alcalde de Carballo en funcións, Evencio Ferrero; do Concelleiro de Promoción Económica en funcións, Xosé Regueira; do presidente de Axober, Isidro Varela Bardanca; e de representantes dos 21 locais hostaleiros que participan na iniciativa.

Compartir: