Inicio Carballo ao día Hemeroteca Calvo e o Concello desenvolven no mes de xullo o...

SEIS ESPECTÁCULOS PARA TODOS OS PÚBLICOS

Calvo e o Concello desenvolven no mes de xullo o festival "Dando a lata" con motivo do 75 aniversario da conserveira

Venres 29 de maio do 2015

Evencio Ferrero quixo agradecerlle a Luciano Calvo a implicación da empresa e tamén que faga posible "que celebremos todos xuntos estes 75 anos". Subliñou que a implicación de Calvo "non é só nesta programación especial", senón de cotío ao longo de todo o ano. Para Ferrero, Calvo é unha empresa "de altísima responsabilidade social". O Alcalde espera que "Dando a lata" sexa unha "festa para a empresa e para todas as persoas que estiveron nalgún momento vinculadas a ela" e desexou "que Calvo siga dando a lata outros 75 anos máis". Os interesados e interesadas, poden descargar un dossier informativo coas claves do festival máis abaixo nesta mesma nova.

Compartir: