Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas en Xunta de Goberno as obras de

ÁBRESE O PROCESO PARA INSTALAR UNHA NOVA CALDEIRA DE BIOMASA

Adxudicadas en Xunta de Goberno as obras de

Luns 1 de xuño do 2015

No apartado de convenios, aprobouse un acordo entre o Concello e as Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz para a celebración do XI Torneo de Fútbol 8 Concello de Carballo, que terá lugar os días 13, 14 e 15 de xuño no Campo Municipal de As Eiroas. Está previsto que en próximos días se dea a coñecer o programa completo da cita. Así mesmo, recibiu luz verde un acordo coa conervera Luís Calvo Sanz SA para a celebración do festival "Dando a lata", un festival que se desenvolverá durante as fins de semana no mes de xullo no marco do Verán Cultural e que ofrece opcións lúdicas e de lecer para todos os públicos con propostas moi variadas que van dende o humor, ata a danza, pasando polo pop-rock, o jazz, a música máis transgresora ou un espectáculo infantil. Toda a información sobre "Dando a lata", clicando aquí. Por último, a Xunta de Goberno aprobou seis licenzas de obra e una licenza de parcelación.

Compartir: