Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Atlético de Madrid, o Dépor, o Sp. de Gijón, o...

ENTRE O 12 E O 14 DE XUÑO NO CAMPO MUNICIPAL DE AS EIROAS

O Atlético de Madrid, o Dépor, o Sp. de Gijón, o Valladolid ou o Celta, no XI Torneo de Fútbol 8 Alevín Concello de Carballo

Xoves 4 de xuño do 2015

No acto, tamén estiveron presentes o Concelleiro de Deporte en funcións, Marcos Trigo; e o Alcalde de Carballo en funcións, Evencio Ferrero. Este último, lembrou a traxectoria do torneo, que leva máis de dez anos acollendo ás mellores canteiras nacionais e tivo un recordo especial para o Sporting de Lisboa, que nas primeiras edicións marabillou a todo o mundo co seu futbol. Tivo palabras de agradecemento para Mariel Padín, que, asegurou, sempre estivo coas portas abertas e colaborando e felicitou ás Escolas, aos patrocinadores e nomeadamente a Conservas Calvo polo seu 75 aniversario. Por último, desexou que os nenos gocen da súa actividade favorita, que a rivalidade deportiva quede no campo e que as amizades prevalezan fóra do campo e que o torneo, de igual forma que nas edicións anteriores, sexa todo un éxito.

Compartir: