Inicio Carballo ao día Hemeroteca O deporte toma Carballo o sábado 13 de xuño coa...

A PARTIR DAS 17.00 HORAS

O deporte toma Carballo o sábado 13 de xuño coa 24 edición de Xogar na rúa: para nenos e nenas na Praza do Concello

Xoves 4 de xuño do 2015

Respecto das normas de participación da cita, son as dos últimos anos. Cada neno ou nena localiza no plano a actividade que desexa practicar, que conta cun monitor responsable encargado de supervisala. Os participantes deben respectar en todo momento as decisións dos animadores, non saír do recinto da Praza e colaborar no mantemento da limpeza do espazo. Este ano, ademais, Xogar na Rúa estrea camiseta conmemorativa, co logo de Carballo Deporte e tamén co patrocinio de Conservas Calvo polo seu 75 aniversario. Os interesados e interesadas poden descargar nesta mesma nova o plano de situación coas actividades, así como o cartel anunciador da cita, en pdf.

Compartir: