Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xa se coñecen os gañadores do...

ESTÁ PREVISTO ORGANIZAR UNHA MOSTRA COAS OBRAS PRESENTADAS

Xa se coñecen os gañadores do Premio Fotopoético Carballo, mirando ao mar, que repartiu 5.000 euros en premios

Xoves 4 de xuño do 2015

O xurado decidiu por unanimidade deixar deserto o Premio de Textos poéticos, xa que consideraron que a calidade das obras participantes está por debaixo da altísima calidade que marcaron as outras tres categorías, polo que se decidiu outorgar tres accésit: o accesit na categoría de Fotografía valorado en 400€ recaeu na obra "Fulgor", de Raquel Santos Álvarez de A Coruña, que se presentou baixo o pseudónimo Miranda Mare; o accésit na categoría de Fotopoema valorado en 400€ gañouno a obra "9 versos sen poeta" de María Rita Más Ybáñez de A Coruña, que se presentaron baixo o pseudónimo 9 versos sen poeta; o accésit en Videopoema valorado en 400€ otorgouselle á obra "Presenzas", de Miriam Rodríguez Dominguez e Pablo Kaufmann González que participaron baixo o pseudónimo Kaufiriñas. Coas obras premiadas e cunha selección das presentadas organizarase unha exposición nas próximas semanas. Tamén está prevista a publicación dun catálogo.

Compartir: