Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT concédelle o Xograr de Outono 2015 á...

O GARLADÓN ENTREGARÁSELLE EN OUTUBRO DURANTE O FESTIVAL

O FIOT concédelle o Xograr de Outono 2015 á actriz coruñesa Susana Dans, agora no elenco da serie "Hospital Real"

Sábado 6 de xuño do 2015

Susana Dans (A Coruña, 1965) comezou a súa andaina profesional nos anos 80 da man de Manuel Lourenzo, e a partir de ahí foi dirixida por figuras moi importantes da escena galega como Roberto Vidal Bolaño, Quico Cadaval, Xan Cejudo, Xúlio Lago, Cándido Pazó, Eduardo Alonso, Ánxeles Cuña, Vicente Montoto ou Marcelino de Santiago "Kukas", entre outros. Como actriz de teatro destaca pola súa longa e exitosa participación en importantes espectáculos en recoñecidas compañías como en "As do peixe" (2014) dirixida por Cándido Pazó en Abrapalabra Creacións Escénicas, "E.R. (Algún día traballemos xuntas)" (2011) e "O Cerco de Leningrado" (1999) de Teatro Atlántico, "As dunas" (2009), "Noite de reis" (2007-2009 e Premio do Público do FIOT), "A Piragua" (2007), "O ano do cometa" (2004), "Rosalía" (2001), "A burla do galo" (2000) ou "Nau de amores" (1995), do Centro Dramático Galego, "O Club da calceta" (2008) de Teatro do Morcego, con Teatro do Aquí representou "O Cabodano" (2002) e "Saxo Tenor" (1993), "A casca dunha árbore" en Kukas Producións (1992), "Fedra Gómez "(1989) de Uvega Teatro, "Aquela historia de Bly" (1987) da Compañía Luís Seoane, etc.

Tamén ten unha importante experiencia tanto en cine como en televisión. Participou en series de televisión de grande éxito en Galicia, como en "Os outros feirantes" (1990), "Pratos combinados" (2000), "A vida por diante" (2007) ou "Hospital Real" (2015). No cine traballou nas longametraxes "Divinas palabras" (1987) de José Luís García Sánchez, "Martes de carnaval" (1991) de Fernando Bauluz e Pedro Carvajal e "Blanca Madison" (1998) de Carlos Amil, así como na curtametraxe "Cabeza de boi" (1996).

Compartir: