Inicio Carballo ao día Hemeroteca A exposición de Alberte A. Pereira...

SON 30 IMAXES EN BRANCO E NEGRO DE CIDADES EUROPEAS

A exposición de Alberte A. Pereira "Unha mirada subxectiva do cotián", estará até o 4 de xullo no corredor do Fórum Carballo

Venres 5 de xuño do 2015

Para Pereira, traballador na administración de Xustiza de profesión, e fotógrafo amador de querencia, a mostra que agora expón en Carballo reflicte unha primeira etapa na súa traxectoria. Agora, aínda que segue inmerso naquel tipo de fotografía que máis lle gusta, a "street photography", xa non traballa cos dous únicos fíos de branco e negro, senón que tece a cor as súas imaxes. Unha nova etapa mais un mesmo escenario que o segue a apasionar, o enmarcado urbano.

Compartir: