Inicio Carballo ao día Hemeroteca A exposición colectiva "Tricromías" reflexiona...

PODE VISITARSE ATÉ O 31 DE XULLO NO 3º ANDAR DO PAZO DA CULTURA

A exposición colectiva "Tricromías" reflexiona sobre a arte en branco, negro e vermello e marca o comezo do San Xoán

Luns 15 de xuño do 2015

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo transmitir os parabéns aos creadores que participan en "Tricromías", non só polo seu traballo, senón tamén pola "magnífica" performance de apertura e por facer que esta mostra sexa "un punto de partida estupendo e extraordinario para o San Xoán". Velaquí está a listaxe de todos os artistas que presentan un total de 29 traballos na exposición: Adriana Díaz, Alejandra, Ama, Antón Díaz, Antonio Reino, Antonio Taracido, Chiña, Cristina Castro, Emi Rodríguez de las Heras (autora do cartaz anunciador), Eva Facal, Isa Fernández, Jacobo Veiga, Laura Toba, Lola Oviedo, Manuel Eirín, Miguel Couto, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, Mónica Noya, O'Mighelo, Oti Fernández, Peter Kramer, Raúl González, Rise, Rosa Antelo, Santi Picos, Santiago Castro, Tomas Lunas e a participación especial de Alfonso Costa Beiro, profesor este ano da Aula de Gravado Municipal; e de Paco Souto como artista convidado. Os interesados e interesadas poderán ver esta interesante mostra até o 31 de xullo na Sala de Exposicións Alberto Gende situada no 3º andar do Pazo da Cultura, en horario de 17.00 a 21.00 horas.

Compartir: