Inicio Carballo ao día Hemeroteca O San Xoán segue quecendo motores co Festifolk...

SÁBADO 20 DE XUÑO ÁS 16.30 HORAS

O San Xoán segue quecendo motores co Festifolk Costa da Morte: música tradicional con gaitas, Birimbao e Luar na lubre

Xoves 18 de xuño do 2015

O Concello de Carballo, organizador da cita coa colaboración de La Voz de Galicia e de Conservas Calvo, espera que esta xornada teña continuidade en anos vindeiros e que os veciños e veciñas se acheguen para participar e encher as rúas da vila. Respecto dos artistas convidados ao concerto nocturno, hai que mencionar que Luar na Lubre é unha das bandas de música de raíces galegas máis internacionais do país, pois dende Palestina a Canadá e dende Arxentina a Alemaña levan percorrido parte do planeta levando a cultura e a música da nosa terra, ademais de levar editadas máis de 300.000 copias dos seus traballos discográficos. Pola súa banda, Birimbao fundouse no ano 1999 na cidade de A Coruña. Comezou centrándose na música popular galega, movéndose en pezas e cantigas puramente tradicionais e sen moitos aderezos. Co paso do tempo o grupo sentiu a curiosidade de investigar e fusionar os sons galegos con outros estilos de música con raíces parecidas como a irlandesa, escocesa ou a portuguesa. O seu último álbum é "Nena do Mare", publicado a comezos do ano 2013. Os interesados e interesadas poden descargar o programa completo das actividades incluídas no Festifolk, xunto cun plano co percorrido que realizarán os gaiteiros, nun documento en pdf máis abaixo nesta mesma nova.

Compartir: