Inicio Carballo ao día Hemeroteca O San Xoán dá os seus...

VENRES 26, SÁBADO 17 E DOMINGO 28 DE XUÑO

O San Xoán dá os seus últimos pasos esta fin de semana co Rockin', a bROTHERS iN bAND e a Festa do Bosque

Venres 26 de xuño do 2015

Entre tanta oferta musical, tamén hai que subliñar a presenza das verbenas. O venres 26 coas orquestras Poceiro e Alto Standing para todos aqueles que non sexan tan fans do Rockin'; o sábado con Ledicia Espectáculo para quecer o ambiente antes dos fogos de artificio, previstos para as 00.30 horas, e da bROTHERS iN bAND; e para seguir animando a festa despois, a partir das 3.00 horas. Ademais, hai que mencionar a celebración da XIX Mostra de Habaneras da Coral Polifónica de Bergantiños, que ademais de contar coas actuacións da anfitrioa e do Coro Infantil de Voces Brancas, este ano ten como convidadadas á Coral de Cesullas (Cabana) e ao Coro Brisas do Mar (Camariñas). Como cada ano, a Festa do Bosque, pecha o programa o domingo 28 de xuño. Volve a colaborar coa cita a asociación 13 lagartos e o programa inclúe unha sesión vermú coa presenza do Trío Trastres, xa tradicional no Bosque; o Concurso de sobremesas e licores caseiros que patrocina Confitería San Luís; xogos populares e a sempre multitudinaria 113 edición do Campionato Mundial de baixada de augas dóces de barcos de papel; e pola noite sesión con DJ David e a música das animadas rancheras de Mustang Charros a partir das 21.00 horas. O concerto nocturno da Festa do Bosque pon o peche a unha intensa semana de San Xoán chea de música e citas para todos os públicos. Os interesados e interesadas poden descargar o programa ao completo das Festas de San Xoán 2015 máis abaixo nesta mesma nova.

Compartir: