Inicio Carballo ao día Hemeroteca Nace en Carballo "Sicixia", a nova película de...

A ESTREA EN CINES SERÁ EN SETEMBRO DE 2016

Nace en Carballo "Sicixia", a nova película de Ignacio Vilar coa que espera chegar "á esencia da Costa da Morte"

Martes 30 de xuño do 2015

Un equipo destinado a "repetir o éxito de 'A Esmorga' coa axuda de este territorio tan rico en matices", subliña Fernández e mantendo unha produción que se desenvolverá integramente en Galicia, incluíndo todo o traballo de post produción que poderá realizarse mesmo a carón de Carballo, desde Bertamiráns. Ignacio Vilar quixo agradecerlle ao Concello o apoio amosado desde o primeiro momento, o que lle permitiu tamén estudar a fondo a Costa da Morte e as súas xentes coa arela de aproveitar o formato do novo cinema dixital "para contar as historias dunha forma diferente".

Oito semanas de rodaxe ata marzo de 2016A película, avanza, mesturará ficción e un ton case documental no que os protagonistas serán tamén os propios habitantes da Costa da Morte "quen, dalgunha forma, me axudaron a crear esta historia". O tempo de rodaxe será de oito semanas espalladas ao longo das diferentes estacións do ano, xa que o director quere plasmar as distintas variacións meteorolóxicas que se reflicten tamén na paisaxe da Costa da Morte, así como os diferentes son. Está previsto que o proceso remate en marzo de 2016, cunha estrea prevista para o mes de setembro dese mesmo ano, e que terá tamén repercusión nas salas de cine de Carballo.

Monti Castiñeiras e Marta Lado, protagonistas da cinta, adiantaron algunha pequena característica dos seus personaxes, que irán da man durante o filme, pero sen desvelar moito sobre o argumento. Ela dará vida a Olalla, unha rapaza da Costa da Morte que traballa recollendo algas para unha empresa punteira; el, a Xiao, un enxeñeiro de son que espera reflectir a vida da Costa da Morte a través dos sons que produce, e que se deixará guiar por Olalla no seu percorrido pola comarca.

Todo nun proxecto que o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, asegura que axudará a dar a coñecer a Costa da Morte e tamén a Carballo como parte dela. O Alcalde, Evencio Ferrero, quixo subliñar que "a industria do cine en Galicia é unha pequeniña leira que nos gustaría que fora derrubando valados", xa que "a cultura é unha maneira de expresarse como pobo", pero "tamén é economía". Espera que o proxecto remate tan ben como rematou "A Esmorga", contribuíndo a "expresar a dura realidade dun espazo mítico para o país galego como é a Costa da Morte". Por último, amosou a súa vontade de seguir apoiando a cultura, e, neste caso, tamén o cinema, pola "importancia de dar a coñecer os valores que nos identifican" e que serven para saber "como somos e como queremos seguir sendo".

Compartir: