Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno adxudica as obras para a...

OS TRABALLOS ESTÁN INCLUÍDOS NO POS 2015

A Xunta de Goberno adxudica as obras para a creación dunha "Rede de saneamento en Outeiro, parroquia de Rus"

Luns 6 de xullo do 2015

No apartado de cultura, a sesión supuxo luz verde para un convenio entre a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo para as actuacións da Rede Cultural 2015 por un importe de 23.546,50 euros, achegando o organismo provincial un 40 por cento do gasto total con 9.418,60 euros. Fóra da orde do día, a sesión supuxo a aprobación do programa Verán Cultural 2015, que inclúe ata 12 citas culturais e de lecer relacionadas coa música, o teatro ou a danza os venres e sábados dos meses de xullo e agosto. No apartado de subvencións, a sesión supuxo luz verde para a concesión dunha subvención nominativa á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo por un importe de 25.000 euros para a colaboración no desenvolvemento de actividades preventivas en actos multitudinarios e concentracións de público, a colaboración da regulación de estacionamentos nas praias do Concello, a participación de simulacros en colexios e edificios municipais, festas populares, actividades de motor e deporte, preparación dos socorristas para as praias do Concello, apoio á área de servizos sociais e outras actividades durante o ano 2015. Por último, a sesión supuxo luz verde para tres licenzas de obras e unha licenza de primeira ocupación.

Compartir: