Inicio Carballo ao día Hemeroteca Acordo entre a Xunta e o Concello para abordar as...

NOVA XUNTANZA NA PRIMEIRA QUINCENA DE AGOSTO

Acordo entre a Xunta e o Concello para abordar as modificacións necesarias que permitan aprobar o PXOM de forma definitiva

Xoves 9 de xullo do 2015

Entrando un pouco máis no detalle dos aspectos abordados durante a reunión, de novo a ordenación proxectada nos ámbitos UU-R13 e UU-R14, na zona do San Martiño e nunha área na contorna da rúa Vila de Negreira da capital municipal, así como o UU-R19, situado na contorna da Estación de Autobuses nova, que están afectados pola zona de fluxo preferente recollida nos mapas de zonas inundables do Plan Hidrográfico de Galicia Costa, foron obxecto de debate. Non obstante, Lantes explica que finalmente acordouse que Carballo reciba o mesmo tratamento que teñen recibido outros concellos da contorna con zonas en situación similar, polo que os técnicos axuntarán as xustificacións elaboradas até o de agora para estes ámbitos co compromiso de que se chegue a acordo. Así mesmo, durante a reunión falouse sobre a elaboración do Plan Especial para Arnados e Pedra do Sal, xa que a zona costeira era outro dos puntos que a orde da Xunta mencionaba; da situación dalgúns núcleos do rural con áreas en zona de fluxo preferente ou das zonas de crecemento da capital municipal. En todo caso, chegouse a entendemento sobre as medidas e modificacións que deben adoptarse en cada caso. Polo demais, a propia Encarnación Rivas sinalou que a maioría dos aspectos recollidos son facilmente subsanables, polo que o Concello espera que o PXOM poda recibir a ratificación definitiva tan pronto as correccións sexan efectivas e o documento se lle remita de novo á Xunta.

Compartir: