Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello apoia a música local co...

O ALCALDE ASINOU O ACORDO NA CASA DO CONCELLO

O Concello apoia a música local co Convenio Musical 2015 do que se benefician 31 agrupacións con preto de 20.000 euros

Venres 10 de xullo do 2015

Os preto de 20.000 euros repartiranse da seguinte maneira entre as distintas agrupacións por cada dúas actuacións realizadas:

  • Grupos de música e danza tradicional (mínimo de 12 compoñentes), 350€
  • Grupos de gaitas (mínimo de 4 compoñentes), 260€
  • Grupos de cantareiras (mínimo de 4 compoñentes), 260€
  • Masas corais (entre 10 e 29 compoñentes), 260€
  • Masas corais(a partir de 30 compoñentes), 425€
  • Orquestras, conxuntos e bandas de música (mínimo de 4 compoñentes), 350€

A solicitude de actuacións destas agrupación así como a xustificación da realización das mesmas son aspectos que están regulados no convenio.

Compartir: