Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arredor de 400 escolares participaron no Campo de...

A CHOIVA PERMITIU O DESENVOLVEMENTO DAS CARREIRAS

Arredor de 400 escolares participaron no Campo de As Eiroas na fase local da Carreira de Campo a Través de Carballo

Venres 22 de xaneiro do 2016

Carreira de Campo a Través de Carballo

Arredor de 400 nenos e nenas do Club Atletismo Carballo, o CEIP Fogar, o CEIP Nétoma Razo, o CEIP Gándara-Sofán, o CEIP Xesús San Luis Romero e o Colexio Artai participaron hoxe, venres 22 de xaneiro, na fase local da Carreira de Campo a Través que organizan a Secretaría Xeral para o Deporte, a Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo co patrocinio de Coca-Cola. As categorías da proba foron benxamín, infantil, alevín e cadete e as carreiras fóronse celebrando sen incidentes a partir das 10.15 horas, xa que a choiva respectou o desenvolvemento das probas no Campo de As Eiroas. As distancias percorridas foron, para cadetes, 2.500 metros en categoría masculina e de 1.200 metros en feminina; para infantís 1.200 metros e 800 metros respectivamente; para alevíns, unha volta de 800 metros para a categoría masculina e de 600 para a feminina; e finalmente os benxamíns percorreron 500 metros nas dúas categorías. O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, foi o encargado de entregarlles as medallas aos primeiros clasificados entre os aplausos do resto dos rapaces e rapazas e tamén de nais e pais que se achegaron ata o complexo do Parque Empresarial de Bértoa. Os interesados e interesadas poden ver máis imaxes da proba no Facebook do Concello www.facebook.com/concellodecarballo>, clicando aquí. O resultado das carreiras pode consultarse máis abaixo nesta nova.

Os resultados das distintas probas por categorías, son os seguintes:

  • Cadete Masculino:
    • 1º Eduardo Castro, do Colexio Artai
    • 2º Jonathan Lage, de Atletismo Carballo
    • 3º Pedro Fraga, do Colexio Artai
  • Cadete Feminino:
    • 1º Ana García, de Atletismo Carballo
    • 2º Marta Mato, de Atletismo Carballo
    • 3º Paloma Sueiro, do Colexio Artai
  • Infantil Masculino:
    • 1º Daniel Estramil, do CEIP Fogar
    • 2º Andrés García, do CEIP Fogar
    • 3º Pablo Angeriz, do CEIP Fogar
  • Infantil Feminino:
    • 1º Lucía Carro, Atletismo Carballo
    • 2º Mara Fernández, do Colexio Artai
    • 3º Xaina Abucide, do CEIP Fogar
  • Alevín Masculino:
    • 1º Jacobo Díaz, do CEIP Fogar
    • 2º Xoel Ramos, do CEIP Fogar
    • 3º Daniel Calvete, do CEIP Gándara-Sofán
  • Alevín Feminino:
    • 1º Paula Amado, Colexio Artai
    • 2º Ainhoa Manteiga, do CEIP Fogar
    • 3º María Santos, CEIP Fogar
  • Benxamín Masculino:
    • 1º Eli Gabriel Flores, Colexio Artai
    • 2º Brais Fernández, do Colexio Artai
    • 3º Bereque López, do CEIP Nétoma-Razo
  • Benxamín Feminino:
    • 1º Valeria Rodríguez, do Colexio Artai
    • 2º Nuria Vilanova, do CEIP Nétoma-Razo
    • 3º Carlota Muñiz, do CEIP Nétoma-Razo

Compartir: