Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno debate a ampliación do estacionamento...

INCLÚESE UN RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO DE 64.000 €

O pleno debate a ampliación do estacionamento regulado con Zona Azul coa implantación de 69 novas prazas no centro carballés

Venres 22 de xaneiro do 2016

Outro dos asuntos da orde do día é a aprobación dun Recoñecemento extraxudicial de crédito, o primeiro dos dous que están previstos neste 2016 para recoñecer obrigas do exercicio anterior. Este primeiro recolle facturas presentadas en 2015 que por diferentes motivos non puideron pagarse antes de final de ano, e ten un importe de 64.260,55 euros. O seguinte está previsto para o mes de febreiro, neste caso para recoñecer facturas entregadas en 2016 que se emitiron en 2015 ou con albaráns de 2015. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo subliñar na presentación dos asuntos da orde do día, que o recoñecemento do Concello de Carballo está en "niveis moi baixos", cunha porcentaxe que supón o 0,26 por cento do total do orzamento. Dentro dos asuntos económicos, a sesión inclúe a dación de conta do Informe de intervención e tesourería respecto da Lei de medidas contra a morosidade relativo ao cuarto trimestre de 2015. O documento sinala que a ratio do Concello de Carballo entre outubro e decembro do ano pasado foi de 8,80, reducíndose o índice respecto do período anterior, en que fora de 9,66. Ferrero explica que "Carballo ten unha moi boa ratio", abonando as facturas, dende que entran no Rexistro do Concello, nun prazo de 38,8 días.

Comparecencia da ANPA Raiante do CEIP Gándara-SofánEntre os asuntos de trámite, inclúese a dación de conta da designación de novos membros do grupo municipal do Partido Popular nas comisións informativas e demais órganos colexiados do Concello de Carballo. Por último, no apartado de Seguimento de órganos de goberno, está prevista a comparecencia por parte da ANPA Raiante do CEIP Gándara-Sofán, a través do Regulamento de Participación Cidadá, para defender o seu dereito a votar a implantación da xornada única no seu centro. Contarán con 10 minutos para realizar a súa exposición. O Alcalde quixo sinalar que nos últimos días ten mantido varios contactos, tanto coa ANPA Raiante, como coas ANPAs do CEIP Bergantiños e do CEIP Nétoma-Razo, para atender as súas demandas sobre a xornada única.

Compartir: